1. A proba estará aberta a todos/as os/as atletas federados/as e non federados/as.
2. O número máximo de participantes en cada unha das millas, será de 90. Unha vez alcadada esta cifra non se aceptarán mais inscricións.
2.1. En cada unha das mini millas, o máximo será de 60 participantes.
3. Os atletas deberán de pasar pola cámara de saída media hora antes do inicio da súa milla.
4. A Organización poderá exixir os atletas o seu DNI ou calquera outro documento oficial que acredite a súa idade.
5. A Organización non se responsabilizará dos danos que poidan sufrir os atletas durante a realización da proba.
|
|
|
6. O chip entregado a cada participante deberá devolverse o remate de cada unha das millas.
7. Calquera reclamación deberá de facerse nun prazo máximo de media hora dende o remate da milla en que se participou.
8. O non recollido neste regulamento resolverase segundo o criterio da Organización.
9. Todo o atleta estranxeiro que fora internacional coa súa seleccion non pode participar na proba raíña.
10. A recollida do chip será o sábado día 2 de xuño entre as 16h ata 20h30 na cafetería verbum (Casa das palabras - Samil), e o domingo 3 de xuño entre as 8h e as 9:15h na Praia Samil
|