
COMER BEN E UN SEGURO DE VIDA FRONTE AS ENFERMIDADES E PARA MELLORAR A NOSA SAÚDE DEPORTIVA
VITAMINAS:
VITAMINA B1.-Mellora o aporte do oxíxeno aos músculos e facilita un maior consumo dos hidratos de carbono.
(lévedo de cervexa,legumes,noces,queixos azuis,carne de porco,xerme de trigo..).
VITAMINA B2.-E unha vitamina básica para o metabolismo,tanto no crecemento celular como na rexeneración dos tecidos.
(lévedo de cervexa,ovos,lácteos,améndoas..)
VITAMINA B6.-Axuda a formación do glicóxeno muscular e atrasa a aparición do cansazo.Para as mulleres que corren supón unha vantaxe porque acalma as molestias musculares.
(peixe,queixos,plátanos,carnes...)
ÁCIDO FOLICO.-Intervén na aparición das novas células;no caso dos glóbulos roxos,evita a aparición dun tipo de anemia
(legumes,cereais integrales..)
VITAMINA B12.-A súa carencia pode provocar un tipo especial de anemia,sobre todo nos deportistas de fondo que sigan unha dieta vexetariana.
(carnes,peixe,lácteos,ovos..)
VITAMINA C.-Coñecida polas súas características antioxidantes.Potencia o sistema inmune,intervén na formación do coláxeno e tecido conxuntivo.
(kiwi,limóns,amorodo,laranxas,pementos,tomates,patacas.)
VITAMINA E.-Evita o envellecemento das células e prevén a aparición de tumores e enfermidades cardiovasculares.Imprescindible para os deportistas para manter as articulacións flexibles,e a pel hidratada.
(améndoas,noces,xerme de trigo,olivas...)
<<<AUGA.Base da vida.Necesaria antes de correr.Necesaria para hidratarse.Durante a competiciòn ou adestramento beber groliños.Rematado este è necesario de novo hidratarse.Aparte de beber auga,tamén è recomendabel tomar bebidas isotónicas porque aportan sales minerais nas concentracións adecuadas para recuperar con rapidez as sales e o liquido perdido durante o exercicio
<<<SILICIO.Necesario para diminuír as lesións.Importante para as unllas,cabelo,pel,tecido óseo...
(cereais integrais,mariscos,vexetais fibrosos)
<<<CROMO.Regulador da glicosa en sangue ao formar a molécula insulina..
(cereais integrais,queixo,léveda de cervexa,carne)
<<<SELENIO.Mineral antioxidante.Importante para controlar o colesterol...
(cereais,pescados,mariscos,carne,leite,cebola,allos..)
<<<ZINC.Importante para o sistema inmune.Vital para o funcionamento dos órganos sexuais.
(allo,fígado,cereais integrales,ostras,cordeiro...)
<<<FERRO.Importante para os corredores ,porque forma parte
da hemoglobina do sangue,encargada do transporte do oxíxeno aos tecidos e a saída do CO2 ao exterior.A súa carencia provoca fatiga,baixo rendemento,anemia...
(carnes,fígado,lentellas,mexillón...)
<<<MAGNESIO.Axuda na formación dos ósos.Sedante nervioso,favorece o soño....
(chocolate,vexetais verdes,froitos secos,cereais integrales..)
<<<POTASIO.Mineral básico.
(plátanos,laranxas,froitos secos,legumes,patacas,tomates,cereais integrales..)
<<<FÓSFORO.Esencial para os osos e na produción da enerxía
(foitos secos,chocolate,legumes,xema de ovo...)
<<<CALCIO.Fundamental para os ósos,embarazo,,lactancia...
(leite,queixos,pan integral,sardiñas,verduras...)